VII Curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna

Os días 11, 12 e 13 de agosto terá lugar o VII Curso de Jazz, Improvisación e Música Moderna de Ribadeo.

O curso desenvolverase nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo.
Este ano o profesorado estará formado por Jose García (saxofón), Marcos Pin (guitarra), Wilson Ortega (trompeta) e Bruno Couceiro (batería).

O prazo de inscrición remata o vindeiro 6 de agosto.

Máis info no teléfono 677734084 ou no email rubn_solloso@yahoo.es

 

 

VII Curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna
Compárteo!
Tagged on: