VIII Curso de Iniciación ao Jazz, improvisación e música moderna

Os días 27, 28 e 29 de xullo terá lugar o VIII Curso de Jazz, Improvisación e Música Moderna de Ribadeo.

O curso desenvolverase nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo.
Este ano o profesorado estará formado por Jose García (saxofón), Marcos Pin (guitarra), Wilson Ortega (trompeta) e Bruno Couceiro (batería).

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o vindeiro 20 de xullo.

Máis información no seguinte enlace, no teléfono 677734084 ou no email rubn_solloso@yahoo.es

VIII Curso de Iniciación ao Jazz, improvisación e música moderna
Compárteo!
Tagged on: