Concerto de Santa Cilla

Mañá, martes 22 de novembro, co gallo da conmemoración do día de Santa Cilla, desenvolverase novamente o concerto didáctico En clave de muller que a Escola Municipal de Música e Danza  (EMMeD) e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Ribadeo puxeron en marcha no pasado mes de xuño.

A este concerto didáctico que terá lugar no Auditorio Muncipal Hernán Naval ás 12.00 horas, asistirán nenos e nenas dos centros educativos da vila. Un total de 235 alumnos/as participarán do conce

Así mesmo, ás 20.30 horas repetirase este concerto para o público en xeral.

Como material complementario do concerto editouse unha guía. A guía componse  de varios apartados. Unha introdución na que se poñen de manifesto as causas da invisibilidade das mulleres na música, as fichas das autoras das obras que van ser interpretadas no concerto didáctico e un repaso a modo de resumo  polas diferentes etapas da historia da música, exemplificando con algún nomes femininos; prestando especial atención ás músicas galegas. No  cuarto apartado, hai unha serie de exercicios para traballar. E por último, inclúese  unha breve reseña de recursos onde se poden encontrar cousas relacionadas co tema, un glosario de termos básicos dirixido ao persoal docente e educadores/as  e a bibliografía utilizada.

Con En clave de muller, queremos incitar á reflexión, ó debate, á investigación e a posta en práctica de iniciativas coeducativas.

Esta actividade foi seleccionada, canda outros 12 proxectos, para participar nun panel de boas prácticas en materia de igualdade. A mostra estará presente en diferentes localidades de Castela-A Mancha e máis de Portugal.