Estimadas familias:
Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2023/2024. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración.
Para maior comodidade, adiantamos os días e horarios que se seguirán para a asignación de clases individuais de instrumento:
- Martes 19 de setembro: piano, guitarra, corda frotada, percusión.
- Mércores 20 de setembro: clarinete, acordeón, saxofón, frauta, vento metal, gaita.
- Xoves 21 de setembro: canto, oboe.
En todas as materias seguirase o seguinte sistema para a elección do horario das clases individuais, segundo o día que anteriormente se indicou para cada especialidade:
- Alumnado de 1º curso – 17:30-18:00 h.
- Alumnado de 2º curso – 18:00-18:30 h.
- Alumnado de 3º curso – 18:30-19:00 h.
- Alumnado de 4º curso – 19:00-19:30 h.
- Alumnado de 5º curso – 19:30-20:00 h.
- Alumnado de 6º curso – 20:00-20:30 h.
- Adultos – 20:00-20:30 h.
* Dentro de cada franxa horaria a orde establecerase segundo a chegada das persoas usuarias.
Será obrigatoria a presenza dun adulto por cada alumno/a menor para a escolla dos horarios.
As clases comezarán o día 25 de setembro.
Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través da páxina web https://escolademusicaedanza.ribadeo.org ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo
Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School, que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.