Ribadeo acolle este venres unha nova edición do “Encontro Orquestral”

DSC_0124O auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este venres, 25 de xaneiro, ás 20.00 horas, un concerto de alumnas e alumnos de diferentes centros de ensino musical da provincia baixo o nome de “Encontro Orquestral”.

Na actuación participará alumnado das escolas de música de Burela, Mondoñedo, Xove, Ribadeo e máis do Centro de Música de Fingoi (Lugo).

Baixo a dirección de Xan Carballal, arredor de 70 alumnos e alumnas interpretarán obras de Fiocco, Sibelius e Hindemith. Este será o segundo concerto deste encontro logo do ofrecido a pasada semana no Círculo das Artes de Lugo.

encontro1