A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza os días 26 e 27 de xuño unhas “xornadas de portas abertas”. En horario de 16.00 a 20.00 horas o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica.
Ambos os dous días, ás 16.00 horas, haberá unha breve charla explicativa sobre o funcionamento e organización do centro, prazos e custe da matrícula…
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2009 e 2006.
– Práctica instrumental: nados a partires do 2005, incluíndo adultos.
– Danza/ballet: nados desde 2009 en diante, incluíndo adultos.
VÉN e PROBA!!! Aproveita esta oportunidade para facelo de balde nestas xornadas.
Inscricións no propio centro, entre as 16.00 e 20.00 horas, ata o venres 21 de xuño.