Os días 25, 26 e 27 de xullo terá lugar o III Seminario de Jazz, improvisación e música moderna de Ribadeo.
O curso desenvolverase nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo.
Este ano os profesores serán Sergio Delgado Castillo (Piano), Jose García (Vento), Tito Calviño (Guitarra) e Juan Antonio Rodríguez Outeda (Batería e percusión afrocubana).
O prazo de inscrición remata o vindeiro 21 de xullo.
Así mesmo o 27 de xullo terá lugar unha Master Class con Jorge Pardo.