Músicas Posíbeis. NARF

image003

NARF TRÍO presenta este sábado nas MÚSICAS POSÍBEIS de Ribadeo o seu último traballo, Nas tardes escuras.
O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez “Ho Chi Ming” no baixo, interpreta Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.

A cita é o sábado 29 ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
A entrada xeral custa 5 € e a reducida para persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas 3’5 €.