A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza os días 28 e 29 de xuño unhas “xornadas de portas abertas”. En horario de 16:00 a 20:00 horas o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica, previa inscrición.
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
- Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2009.
- Práctica instrumental: nados a partires do 2008, incluíndo adultos.
- Danza/ballet: nados desde 2011 en diante.
VÉN e PROBA!!! Aproveita esta oportunidade para facelo de balde nestas xornadas.
Inscricións no propio centro, entre as 16:00 e 20:00 horas, até o xoves 23 de xuño.