Irene Rodríguez, Noè Rodrigo e Fudo Percussion Trio nas Músicas Posíbeis

10274300_663184977097732_2196151896436504465_nAlumnado de percusión do Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA), a ribadense e antiga alumna da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo Irene Rodríguez xunto con Noè Rodrigo, Sergio Astasio, Miguel Ángel López e Francisco Sánchez presentan un concerto  na liña desenvolvida tanto na didáctica en colexios como en actuacións abertas coma os concertos no Instituto Aragonés de Cultura Contemporánea IAACC de Zaragoza, na antigua estación de ferrocarril de Canfranc, en FIP Pirineos 2013, FIP Zaragoza 2012, no Festival Tamborixar de Hijar-Teruel e, o último, na sala principal do Auditorio de Zaragoza o pasado abril.

O grupo está formado por dous solistas e o trío xa consolidado “Fudo Percussion Trio” e, nesta ocasión, contarán coa colaboración de catro sopranos da Coral Polifónica de Ribadeo, para unha das obras que interpretan.

Ofrecerán unha viaxe a través da evolución que sufriu a percusión nas últimas décadas, con obras de diferentes estilos que abarcan dende o minimalismo, a obras de marimba solista e ensemble, pasando polos parches e as láminas,  amosando o complexo e fascinante mundo deste xénero.

AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL

SÁBADO 31 DE MAIO ÁS 20.00 HORAS

ENTRADA DE BALDE