Alumnado e profesorado da EMMeD achegárone hoxe ao Centro de Día e ao Asilo para celebrar coas persoas maiores as festas do Entroido.
Un numeroso grupo de participantes da charanga da EMMeD, así como alumnado de gaita, foron os encargados nesta ocasión de amenizarlles a tarde ás persoas destes dous centros da vila, participando así, unha vez máis, da vida social da nosa vila.