Irene Rodríguez formará parte da Schleswig Holstein Musik Festival Orchestra

10470928_10152500430722570_29362008594570924_nIrene Rodríguez, antiga alumna da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, e que actualmente se atopa en Amsterdam realizando un master en percusión foi recentemente seleccionada para formar parte da Schleswig Holstein Musik Festival Orchestra tras superar as probas que se realizaron en 35 cidades de América do Norte e do Sur, Europa, Asia e Oriente Medio. Presentáronse aproximadamente 1500 músic@s menores de 26 anos e seleccionaron a 120 de todas as especialidades instrumentais. En percusión, concretamente entre 6 ou 7 persoas.

Esta orquestra está considerada unha das mellores orquestras de músic@s xoves do mundo e participa no Festival que se celebra na rexión xermana de Schleswig Holstein. Ao longo de dous meses acompañarán a importantes solistas e afrontarán programas con directores de todo o mundo. Este ano farán excepcionalmente un encontro durante o inverno no que se inclúe unha xira por varios países, entre os que se atoparía China.