O novo proxecto da Brigada Bravo&Díaz baséase na música popular da Primeira Guerra Mundial. Buscando información sobre rexistros fonográficos, atopan unha colección interesantísima na biblioteca de Santa Bárbara, da Universidade de California, one están a dixitalizar milleiros de cilindros antigos de cera e facendo certos playlist con todos estes temas.
É o segundo proxecto que fan acerca das músicas escritas en tempos de guerra. As músicas escritas en tempos de guerra, son músicas cunha funcionalidade clara: músicas para levantar a moral, para recordar amores, ou músicas cun sentido do humor moi pronunciado, para combater o medo.
Ademáis da zanfona e a guitarra, instrumentos habituais da Brigada, utilizarán instrumentos mecánicos, como a caixa de música programable ou o órgano de barbaria –barrel organ-, que len cartóns que eles mesmos perforan co arranxo musical, para despois interpretalos co instrumento e facer improvisación por riba da rixidez destes cartóns escritos.
O concerto será o venres 20 de xaneiro ás 21:00 horas no Cine Teatro.
Entrada: 5 €