Audicións

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 8 e 12 de maio, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do mércores 10 de maio, de clarinete e saxofón, que será no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.

  • Luns 8 de maio – Canto (Escola)
  • Martes 9 de maio – Gaita e Percusión Tradicional (Escola)
  • Mércores 10 de maio – Clarinete e Saxofón (Cine-Teatro)
  • Xoves 11 de maio – Guitarra (Escola)
  • Venres 12 de maio – Piano (Escola)