Xornada de portas abertas na EMMeD

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o día 28 de xuño,  unha “xornada de portas abertas”. No Parque de San Francisco*, en horario de 18:00 a 20:00 horas, o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:

Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2010.

Danza/ballet: desde os 4 anos (ano 2013) en diante.

Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2009) en diante.

Aproveita esta oportunidade para probar de balde!

 

*En caso de inclemencias meteorolóxicas, trasladarase ás instalacións da EMMeD.