A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2017/18. Faráo de xeito oficial este sábado 16 de xuño, en dúas sesións ás 12:00 e 18:00 horas no Auditorio Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso que nesta ocasión estará adicado ao músico ribadense Carlos Álvarez Fernández-Cid, polo que se insire nos actos de celebración do centenario do seu nacemento.
Na sesión da mañá será o turno do alumnado máis pequeno da Escola; participarán Música e Movemento e Danza. Xa na tarde, serán as agrupacións musicais así como o alumando maior de Danza.
As diferentes agrupacións que sairán a escena interpretarán música de diferentes estilos, facendo un percorrido por case todo o mundo.
Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten.