A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 1 e 5 de abril, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes 2, de música tradicional, que será no Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.
- Luns 1 de abril – Piano (Escola)
- Martes 2 de abril – Música Tradicional (Teatro)
- Mércores 3 de abril – Clarinete, Frauta e Saxofón (Escola)
- Xoves 4 de abril – Guitarra (Escola)
- Venres 5 de abril – Percusión (Escola)