A área de cultura do Concello de Ribadeo organiza un novo concerto de Odaiko o domingo 1 de marzo ás 17:30 horas no Auditorio Hernán Naval.
Nesta ocasión presentarán o espectáculo “CDC-COUSAS DE CATRO”. Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e o xogo co efecto sorpresa son a base deste espectáculo. Catro son os elementos que definen este concerto didáctico que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que o camiño da creación continúe espertando.