Inicio do curso 2022/2023

Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2022/2023. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración.

Para maior comodidade, adiantamos os días e horarios que se seguirán para a asignación de clases individuais de instrumento:

  • Luns 26 de setembro: guitarra, canto, clarinete, piano.
  • Martes 27 de setembro: acordeón, violín, percusión, vento metal.
  • Mércores 28 de setembro: oboe, violonchelo.

En todas as materias seguirase o seguinte sistema para a elección do horario das clases individuais, segundo o día que anteriormente se indicou para cada especialidade:

  • Alumnado de 1º curso – 17:30-18:00 h.
  • Alumnado de 2º curso – 18:00-18:30 h.
  • Alumnado de 3º curso – 18:30-19:00 h.
  • Alumnado de 4º curso – 19:00-19:30 h.
  • Alumnado de 5º curso – 19:30-20:00 h.
  • Alumnado de 6º curso – 20:00-20:30 h.
  • Adultos – 20:00-20:30 h.

Será obrigatoria a presenza dun adulto por cada alumno/a menor para a escolla dos horarios.

Así mesmo, o alumnado que danza que precise algún tipo de información sobre a materia poderá achegarse para falar coa profesora o mércores 28 de setembro  entre as 16:00 e 19:00 horas.

O alumnado de Música e Movemento poderá facer as consultas oportunas á profesora o mércores 28 de setembro entre as 16:00 e 18:00 horas.

O alumnado que solicitara algún “obradoiro instrumental” será contactado polo profesorado correspondente ao longo da vindeira semana.

As clases comezarán o día 3 de outubro.

Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través da páxina web https://escolademusicaedanza.ribadeo.org ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo

Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School,  que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.