Por Elas e Para Elas

Este sábado, 7 de marzo, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo terá lugar a Gala Por elas e Para elas, que leva por nome: Eu coido, Ti coidas, Coidámonos, organizada pola Concellería de Igualdade e o CIM para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Farase fincapé en que se unha persoa non coida, esa persoa está descoidando. Porque os coidados son imprescindibles na nosa vida diaria: os coidados ás persoas, os coidados ao territorio, os autocoidados… Non existe un termo medio. Ou coidas, ou descoidas. Pero que se todas as persoas tomamos parte activa nos coidados… Se eu coido, e ti coidas, nese caso, coidámonos”. 

Contarase coa presenza de Carmen Rodríguez,  música e compositora ribadense; Silvia Murias, poeta afeccionada; o grupo da Escola Municipal de Música e  Danza; as mulleres do programa de dinamización das parroquias de Ribadeo Aquí como de 20, que tamén terán un papel importante nesta gala; a asociación de amas de casa; e o grupo de teatro de Ribadeo, que se encargará de presentar o acto.