Metamorphoses Trio en Ribadeo

O domingo 8 de marzo ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo, dentro do circuíto O Teu Xacobeo polos Camiños de Santiago, concerto do Trío Metamorphoses

O trío está formado en 2016 por Jean Johnson (clarinete), Roeland Jagers (viola) e Ilona Timchenko (piano). Os tres con gran experiencia, tanto individual como colectiva, recibindo diferentes premios e recoñecementos.

O repertorio que traerán a Ribadeo contén obras de Robert e Clara Schumann e Max Bruch.

Entrada: 3 €

Metamorphoses Trio en Ribadeo
Compárteo!
Tagged on: