Exposición “A memoria do son” en Ribadeo

   

“A memoria do son” poderá visitarse até o 13 de febreiro na Oficina de Turismo. Está recomendada a partir dos 10 anos.

A exposición consta de 7 instrumentos medievais en vitrina, no que cada un leva un texto explicativo e un código QR que vai permitir escoitar o seu son. Hai tamén un salterio sen vitrina no que se pode tocar a música de tres partituras.

Para ter unha visión máis completa, a exposición conta tamén coa reprodución do pórtico da igrexa de Portomarín. Así mesmo, da mostra forma parte tamén un pergamiño con dotación musical atopado recentemente no arquivo municipal de Ribadeo e datado no século XIII.

Tamén se poderá ver un audiovisual centrado no pórtico da Groria e outro coa gravación que a Coral Polifónica de Ribadeo fixo da antífona atopada.