Ribadeo en danza

 
Esta fin de semana no Auditorio Hernán Naval, ciclo “Ribadeo en danza” onde ademais de espectáculos impartiranse clases para alumnado da EMMeD, cos coreógrafos Iago Alonso Abad e Pablo del Pozo García da LAD DANCE COMPANY.
 
O sábado 12 de febreiro, ás 20:00 horas estrea da peza de danza contemporánea “CAOS“, interpretada por Iago Alonso, Isaac Amorós e Pablo del Pozo. “Dentro dun Caos existe unha orde.” A partir deste concepto desenvólvese a obra permitindo ao espectador interpretar libremente cada unha das atmósferas que surxen ao longo da obra”.
O domingo 13 de febreiro ás 20:00 horas, estrea do espectáculo de danza urbana “Iconic”, interpretada por Isaac Amorós, Esther Sánchez, Bel Guerrero, Eva Jiménez, Isabel Stoicea, Alisson Brigitte e Carla Gómez. “Espectáculo de danza urbana que se basea nas actuacións, cancións e movementos máis icónicos de Divas del Pop,  neste caso en particular, de Beyoncé.”