Kirenia Danza presenta Instante Gradual

Instante Gradual é unha peza que Kirenia Martínez Acosta baila en cada ocasión, reprogramando o seu corpo a cada contexto escénico, ambiental e temporal, logo de 20 anos de carreira internacional como bailarina de danza contemporánea.

A súa proposta coreográfica, Instante Gradual, foi seleccionada na primeira convocatoria de Mobilidade Europea I-Portunus, para unha residencia artística en Matera, Capital Europea da Cultura 2019 e outras tres cidades na Rexión da Lucania.