A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o 28 de xuño unha xornada de portas abertas. Serán en horario de 16:00 a 18:00 horas cando o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten na EMMeD, incluíndo unha pequena clase práctica, previa inscrición.
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
- Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2020 e 2017.
- Práctica instrumental: nenos e nenas nadas a partires do 2016; adultos inclusive.
- Pre-Danza: nenas e nenos nados entre os anos 2020 e 2017.
- Danza clásica ou contemporánea: nenos e nenas nadas a partires do 2016.
As persoas asistentes poderán aproveitar esta oportunidade para probar e facelo de balde durante esa xornada, así como coñecer as instalacións e obter a información necesaria sobre o centro.
As inscricións para asistir a esta cita poden realizarse no enderezo electrónico esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.gal, ata o 26 de xuño, indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e especialidades que quere coñecer.