Informamos dos días e horarios que se seguirán para a asignación das clases individuais de instrumento:
- Mércores 3 de setembro: saxofón, acordeón, frauta, gaita, vento metal, guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, ukelele, piano.
- Xoves 4 de setembro: canto, clarinete, violín/viola.
- Venres 5 de setembro: percusión, oboe, violonchelo.
En todas as materias seguirase o seguinte sistema para a elección do horario das clases individuais, segundo o día que anteriormente se indicou para cada especialidade:
- Alumnado de 1º curso – 17:00-17:30 h.
- Alumnado de 2º curso – 17:30-18:00 h.
- Alumnado de 3º curso – 18:00-18:30 h.
- Alumnado de 4º curso – 18:30-19:00 h.
- Alumnado de 5º curso – 19:00-19:30 h.
- Alumnado de 6º curso – 19:30-20:00 h.
- Adultos – 20:00-20:30 h.
* Dentro de cada franxa horaria a orde establecerase segundo a chegada das persoas usuarias. O alumnado maior de 14 anos é considerado “adulto” á hora de elección de horarios.
Será obrigatoria a presenza dun adulto por cada alumno/a menor para a escolla dos horarios.
Así mesmo, o alumnado de danza recibirá información a través da plataforma Tokapp indicando día e hora das reunións que se farán en cada grupo.
O alumnado que solicitara algún “obradoiro instrumental” será contactado polo profesorado correspondente ao longo das vindeiras semanas.
As clases comezarán o martes 9 de setembro.
Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través da páxina web https://escolademusicaedanza.ribadeo.org ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo
Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School, que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.
