Informamos a todas as persoas interesadas que desde o 1 de xullo, e ata as 14:00 horas do día 15 de xullo, permanecerá aberto o prazo de solicitude de praza na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) para o vindeiro curso.
Como realizar a solicitude?
O proceso realizarase de xeito exclusivamente telemático a través do formulario habilitado nesta mesma páxina web.
Selección do alumnado
Desde a dirección do centro lémbrase que, no caso de que a demanda sexa superior ás vacantes ofertadas, a asignación de prazas realizarase mediante un sorteo público. Aquelas persoas que non obteñan praza directa pasarán a formar parte dunha lista de agarda
