A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrará o vindeiro martes, 27 de setembro, ás 20.30 horas no claustro da Casa do Mar, o acto de presentación oficial do curso 2011-2012.
Ao mesmo está previsto que asistan a delegada de Cultura, Educación e Igualdade do Concello de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra, e máis o director da EMMeD, Hugo García Presno. Ambos e dous darán a coñecer as novidades da Escola para este novo curso así como aspectos relativos á fixación de horarios e ás actividades que ten previsto realizar o centro.
O comezo das clases está fixado para o luns 3 de outubro.