A orquestra da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo vén de participar nun encontro de centros educativo-musicais da provincia, celebrado o pasado sábado 12 de maio en Mondoñedo. Xunto co noso centro participaron tamén as escolas de Burela, Mondoñedo, Xove e o Centro de Música Profesional Fingoi (Lugo), formando entre todos unha orquestra que superaba os 60 alumnos e alumnas. Baixo a batuta do mestre Xan Carballal a agrupación interpretou obras de Bach, Sibelius e Hindemith, todo elo nunha dura xornada de traballo, pero que deu os seus froitos.
Encontro de orquestras
- Publicación da entrada:22 Maio, 2012