Aquí tedes os actos programados dende o CIM para conmemorar o oito de marzo, que comezan hoxe, venres día 6 coa charla-presentación do libro “Comer para vencer al cáncer” ás 20:30 horas no Cine-Teatro . Mañá, sábado 7 de marzo, ás 20.30 horas, tamén no Cine-Teatro, concerto-recital do grupo Eudemónicas. E xa o sábado 15 de marzo, ás 19.00 horas no Cine-Teatro, proxección-coloquio do documental “Por que non cantades todas” que trata o papel da muller na música tradicional.
Todas as actividades teñen entrada libre.