Fernando Pérez Fernández, aterra en Ribadeo presentando Feel Past Fret. Unha viaxe polas emocións guitarrísticas. Un concerto diferente, no que se mesturan música, imaxes e historia. Escoitaremos música que vai desde o Renacemento ata os nosos días, pasando polo Barroco, Clasicismo e Romanticismo, interpretada con copias dos instrumentos orixinais da época, como son a vihuela, a guitarra barroca, a guitarra clásico-romántica e finalmente a guitarra actual.
Será o sábado 3 de maio ás 20.30 horas no Cine-Tatro.
Entrada: 3€