Hoxe remata a campaña “En negro contra a violencia. Ribadeo en negro” oragnizada polo Centro de Información ás Mulleres do concello de Ribadeo e na que a EMMeD foi parte activa, ademais de ser un dos Espazos libres de violencias machistas do concello.
No acto central da campaña, celebrado o pasado 25 de novembro, a escola participou poñendo a música e a danza, da man do alumnado e profesorado de acordeón, corda e danza.
Todas estas accións están encadradas dentro da formación en valores que se pretende dar no centro, máis aló do estritamente musical e artístico.