A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo será, un ano máis, parte activa na campaña “En negro contra a violencia” oragnizada polo Centro de Información ás Mulleres do concello de Ribadeo, ademais de ser un dos Espazos libres de violencias machistas do concello.
Ademais de colaborar no acto central da campaña, que se celebrará o vindeiro 24 de novembro ás 12:00 horas no Cantón, no que a escola porá a música da man profesorado de acordeón e corda, estas mesmas profesoras realizaron unha acción nun dos entornos máis emblemáticos do nosos concello, a praia das Catedrais (Augas Santas).
Todas estas accións están encadradas dentro da formación en valores que se pretende dar no centro, máis aló do estritamente musical e artístico.