Pedro Pascual e Carlos Quintá levan a cabo un concerto no que interpretan pezas recollidas e arranxadas dentro do cancioneiro “DE BOTÓNS”, un proxecto editorial ambicioso no que adaptan máis de cen cancións do repertorio popular galego para acordeón diatónico.
Escoitaremos, en clave actual, desde maneos de Bergantiños a rumbas do Caurel; pezas do repertorio de violín de Florencio dos Vilares, mazurcas dos irmáns Moreira ou o repertorio histórico dos Dezas de Moneixas.
O concerto, terá grande interés divulgativo, en conversa co público. Contextualizaranse a orixe, fontes ou cancioneiros históricos das distintas músicas e do apéndice de fotografías históricas que aparecen no libro.
Domingo 21 de novembro | 20:00 h. | Auditorio Hernán Naval