A Pedreira en concerto

Segmento Cantábrico é o primeiro traballo da artista de Vilaronte (Foz), voz de Marful e Nordestina –entre outras formacións musicais– asinado por ela co seu apelido, A Pedreira.
 
O disco, de folk progresivo, aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e o folk americano. Letras, poemas da propia Pedreira, do pintor-poeta vigués afincado en Londres, Enrique Gavilanes; as Follas Novas de Rosalía de Castro; da poeta do Val de Lourenzá, Marina Oural; de Carvalho Calero e Xela Arias forman parte deste álbum no, a poesía e a canción conflúen e desbordan as marxes.
 
12 de marzo de 2022 ás 20:00 horas
Auditorio Municipal Hernán Naval