Espectáculo e clase maxistral de danza en Ribadeo

Esta fin de semana Ribadeo encherase de danza da man de Elahood.

Elahood é unha compañía de danza urbana fundada en xaneiro de 2017 por Sabela Domínguez e Julia Laport. Nace co obxectivo de desenvolver a súa visión artística e axudar a promover a danza urbana en Galicia e a súa profesionalización.

O domingo 8 de novembro ás 17:30 horas, no Auditorio Hernán Naval, presentarán o espectáculo “La soledad de Wally”. Trata as conexións humanas e a ausencia delas. Poñendo o foco de atención no estigma que existe ao carón da soiedade e celebrando as conexións reais.

O sábado 7 novembro, en horario de mañá, as propias artistas desenvolverán un obradoiro de Waacking para o alumnado de danza da EMMeD de idade comprendidas entre os 14 e 17 anos. Un obradoiro onde aprenderán as bases da danza club Waacking, unha forma de danza urbana creada nos clubes de música disco durante os anos 70.